Unha pedra no zapato

19,00 

Autor: 

Rosalía GT

ISBN: 

978-84-1061-956-2
Category:

En stock

Chámome Rosalía e dende nena participei en numerosos certames literarios de narrativa e poesía lanzándome á dramaturxia e ao ensaio máis recentemente. Son unha incansable autoindagadora e unha ávida lectora cun profundo gusto pola escritura, o debate e a reflexión.
Máis información en: www.rosalia-gt.com

Pretendo facer accesible o autocoñecemento despoxándoo dese inalcanzable halo de iluminación elitista mediante unha linguaxe clara, concisa e amable que convida a indagar e a facerse cargo da propia vida. Combinar reflexión, feminismo, crecemento persoal e o coidado da lingua materna son as guías da miña escritura e deixan o seu pouso en cada páxina de Unha pedra no zapato. Un libro para saborear a pequenos grolos, coma os bos viños.

Description

Unha pedra no zapato proporciónanos o tempo e o espazo para conversar con nós mesmas. Baixo a forma de caderno de reflexións convértese nunha ferramenta de autocoñecemento ao ofrecer un compendio de textos que meditan sobre diferentes temas co obxectivo de convidar a quen os le a ir cara dentro. A través de cada capítulo, acompáñanos na contemplación do noso día a día para descubrir que o que percibimos do exterior é un incómodo reflexo do que abeiramos no noso interior. Estamos dispostas a tomar consciencia e a facernos responsables daquilo que acubillamos inconscientemente?
Unha pedra no zapato é un punto de encontro no que “re-coñecernos” e abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas.

Additional information

Páginas

326

Datos de contacto

© 2024 Desarrollado por Karma Agencia